Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Centinela.
A Centinela é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 256 habitantes (119 homes e 137 mulleres).
Xeografía e historia
Situado ó norte da parroquia, está preto do antigo forte das Chagas no leste, e polo oeste fronte o forte dos Medos ou do Carrillo, en Estás.
O nome procede do sentinela que vixiaba os movementos das tropas entre os dous fortes na época da independencia de Portugal. O forte das Chagas era ocupado polos portugueses, e o dos Medos polas forzas do Arcebispo de Santiago.
Nun documento do século XVII, na visita que fixo o delegado da mariña de guerra á devesa boial da parroquia, convocou a varios veciños, entre eles un carpinteiro, á acompañalo para o reconto do arboredo (carballo), marcando os que se podían cortar para leña por inservibles. Tamén fixo unha visita ós viveiros no lugar da Gargantada recomendando sementar o carballo albar (quercus robur).
Lugares e parroquias
Lugares de Goián
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos