A Avenida de Ordóñez é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 471 habitantes (231 homes e 240 mulleres).
Anteriormente era unha rúa que partía do cruzamento coa estrada PO-552, cruzando a parroquia de oeste a leste e rematando no peirao do río Miño fronte á vila portuguesa de Vila Nova de Cerveira. Esta vía, que se converteu no eixo da vida local, debe o seu nome ó deputado Ezequiel Ordóñez González.
Lugares e parroquias
Lugares de Goián
Parroquias de Tomiño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos