Renfe AV City[1][2] é un servizo diúrno de transporte de pasaxeiros por alta velocidade prestados polo operador ferroviario españolRenfe desde 2014. O seu obxectivo é a comercialización de servizos similares aos que ofrece o AVE cun custo reducido.[3]
Caracterízase por utilizar trens das series S-104, S-114 e S-121 (usados habitualmente para Avant) e carecer de clase Preferente, así como doutros servizos complementarios que si se ofrecen nos percorridos de AVE convencionais. A súa velocidade punta é de 250 km/h.
Servizos
Os servizos AV City caracterízanse por ser postos en marcha para complementar a oferta AVE a prezos máis económicos, co fin de facilitar e incrementar a mobilidade dos clientes. Todos os servizos AV City circulan por liñas de alta velocidade a unha velocidade máxima de 200-250 km/h. A diferenza cos trens AVE radica, ademais da menor velocidade punta, na non dispoñibilidade de prestacións complementarias que encarecen o produto. Todos os vehículos dispoñen de cafetería, aseo, prazas específicas para persoas de mobilidade reducida e prazas en Turista e Turista Plus.[4]
Sentido Madrid 1 por sentido de luns a sábado e 1 xoves, venres e domingo. Sentido Zaragoza 1 por sentido de luns a venres e domingo e 1 xoves e domingo.