4 años, 2 meses y 1 día é o título do segundo álbum do grupo de rock do País Vasco Cicatriz.
Foi o primeiro disco que sacaron despois do accidente de moto do seu cantante Natxo Etxebarrieta e foi gravado en Londres nos estudios Von's Recording coa indemnización de Natxo.
Este traballo tamén foi o primeiro que gravou o novo guitarrista Goar Iñurrieta, introducindo un estilo máis heavy e hard rockeiro nas cancións.
O título do disco refírese á condena que lle impuxeron a Natxo cando o detiveron traendo speed dende Holanda. Tamén lle dedica unha canción á cela do seu cárcere, "La 204".
O disco está dedicado na memoria do primeiro guitarrista da banda, Pepin, quen falecera recentemente por sobredose de heroína.
Lista de cancións
- "Rock and roll de Cicatriz"
(Cicatriz)
- "Loco"
(P. Landatxe/G. Iñurrieta)
- "El quebrao"
(Los Betos/G. Iñurrieta)
- "Solo otra vez"
(Mamen Rodrigo/P. Landatxe)
- "Don´t worry"
(Mamen Rodrigo/G. Iñurrieta)
- "Una niebla gris"
(J.J. Eguizalde/G. Iñurrieta)
- "La 204"
(N. Etxebarrieta/G. Iñurrieta)
- "Que a gusto estas"
(P. Landatxe/G. Iñurrieta)
- "Me gusta conducir"
(J.J. Eguizalde/P. Landatxe)
- "El cuello de pavo"
(Cicatriz/G. Iñurrieta)
- "Lola"
(N. Etxebarrieta/P. Landatxe/J.L. Rodrigo/J. Arteaga)
Músicos
Persoal técnico