16 Days in Afghanistan é un filme documental de 2007 dirixido por Anwar Hajher, quen viaxa de novo ó seu país, Afganistán logo de 25 anos fóra para redescubrilo de novo. É unha coprodución entre Afganistán, os Estados Unidos de América e a India, e foi producido por Mithaq Kazimi, sendo o primeiro filme rodado nas provincias fortemente influenciadas polo réxime talibán logo da súa caída. Foi escollido como candidato de Afganistán para o Óscar ó mellor filme internacional na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas