10-Yard Fight é un videoxogo arcade de fútbol americano, creado por Irem e publicado por Nintendo en 1983. O xogo ten unha perspectiva de arriba a abaixo, con gráficos un pouco primitivos. En 1985 fíxose unha versión para NES e en 1986 para MSX.
Xogabilidade
O xogo vese desde unha perspectiva cenital e é de desprazamento vertical. En ataque, o xogador simplemente recibe o balón na liña de saque e, ou ben tratar de correr co quarterback coa pelota, ou ben pasa a un compañeiro ou fai un pase longo. En defensa, o xogador elixe un dos dous xogadores con control, e o computador manipula os demais.
10-Yard Fight ten cinco niveis de dificultade; do o máis doado ó máis difícil: high school, college, professional, playoff, e Super Bowl.
Elaboración
O xogo de arcade foi adaptado máis tarde para a Family Computer por Irem por primeira vez no Xapón, e publicado máis tarde en América do Norte e Europa por Nintendo en 1985 para o Nintendo Entertainment System. O xogo de arcade tamén foi portado á computadora MSX tamén por Irem, pero exclusivamente no Xapón.
Diferenzas entre o acarde e Versións de Nes/Family
Aínda que son graficamente similares, existen algunhas diferenzas fundamentais entre o arcade e versións Famicom/NES do xogo. A versión do acarde só simulou a parte ofensiva do xogo, a versión para Nes/Family xógase tanto en ataque como en defensa, incluíndo o modo de dous xogadores.
Véxase tamén
Ligazóns externas