O último período glacial, popularmente coñecido como Idade do Xeo, foi o máis recente período glacial que tivo lugar durante o final do Plistoceno, e que abranguiu entre 110 000 e 12 000 anos atrás.[1] É a máis coñecida e estudada das glaciacións antropolóxicas.
Durante este período, houbo moitos cambios de avance e retroceso na extensión da capa de xeo. A extensión máxima desta glaciación produciuse hai 22.000 anos. Mentres o patrón xeral de arrefriamento e avance do xeo foi bastante homoxéneo, pequenas diferenzas do avance e retroceso dos glaciares fan difícil facer unha comparación en detalle entre os diferentes continentes.
Notas
↑Clayton, Lee; Attig, John W.; Mickelson, David M.; Johnson, Mark D.; Syverson, Kent M. Dept. Geology, University of Wisconsin, ed. "Glaciation of Wisconsin"(PDF).
Gillespie, A.R., Porter, S.C.; Atwater, B.F. (2004). The Quaternary Period in the United States [of America]. Developments in Quaternary Science 1. Amsterdam: Elsevier. ISBN978-0-444-51471-4.
Harris, A.G.; Tuttle, E.; Tuttle, S.D. (1997). Geology of National Parks (5th ed.). Iowa: Kendall/Hunt. ISBN0-7872-5353-7.