Esta árbore pode acadar ata 10 m de altura. Ten follas estreitas, lanceoladas e abrancazadas e flores aromáticas. O froito é unha drupa amarela avermellada, semellante ao dátil, que serve de alimento a moitas especies de paxaros.
Etimoloxía
O nomes comúns de árbore do paraíso ou oliveira do paraíso[Cómpre referencia] débense moi probabelmente a ser citada na Biblia coma unha árbore que se atopaba no Edén. Oliveira, porque as follas aseméllanse ás desta árbore.
Respecto do nome científico, semella que Carl von Linné o escolleu baseándose nas palabras gregas"eleia" (oliveira) e "agnos" (agnocasto ou árbore da castidade, unha planta que se asemella á árbore). Outras fontes aseguran que o nome deriva da mesma palabra grega "eleia" e a tamén grega "gennao" (enxendrar algo semellante), indicando deste xeito á súa semellanza coa oliveira.
Distribución e hábitat
É orixinario de zonas secas a aridas de Asia occidental e central, desde o sur de Rusia e Kazakhstán até Turquía.
Unha das poboacións máis senlleiras é a presente en Valdemoro, no parque denominado "Bolitas del Airón", por ser o único arboredo espontáneo da Península Ibérica.
Propiedades
A madeira é considerada de má calidade e sen valor comercial.
Empezou a cultivarse en 1736, en Alemaña. Actualmente, o seu cultivo está moi estendido en Europa central e meridional, polo seu uso ornamental e tamén polas súas flores recendentes e o seu froito comestíbel.
Flora of China Editorial Committee. 2007. Fl. China 13: 1–548. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.